Ir o contido principal

Alerta Virus! Non te contaxies polo patriarcado

alerta virus

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade do Concello de Cangas vai difundir no mes de novembro, coincidindo coa conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra as violencias cara as mulleres, unha Campaña dixital dirixida á mocidade que leva por lema Alerta Virus! Non te contaxies polo patriarcado. Esta Campaña está financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero e o Ministerio de Igualdade.


A campaña Alerta Virus! Non te contaxies polo patriarcado componse de seis micro vídeos informativos e de concienciación sobre as violencias machistas dixitais, para ser empregados e difundidos por redes sociais.


Os conceptos referidos ás violencias machistas abordados son os seguintes:
• Sexting e sextorsion.
• Acoso sexual.
• Cibercontrol.
• Cultura da violación.
• LGTBIfobia.
• Hipersexualización.
• Micromachismo.
• Humor sexista.


A Campaña está centrada nas violencias dixitais dado que é un dos espazos de socialización da mocidade, que nos últimos tempos experimentou unha amplificación debido a pandemia polo COVID 19.


A partir do luns 2 de novembro comezarán a empregarse as redes na súa difusión e tamén se reflexionará sobre a mesma dende os obradoiros que o Departamento de Prevención imparte nos institutos.