
O programa de Educación Familiar é un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade.
Ten como finalidade promover a calidade de vida e o benestar social das familias e dos membros que a integran. Persegue a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso construído entre as familias, as/os profesionais e os axentes da súa comunidade.
Obxectivos xerais:
- Ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, como marco de referencia onde se desenvolven as persoas.
- Fomentar a autonomía e a integración no contorno de todas as familias, garantindo o respecto aos seus dereitos.
- Promover o recoñecemento social das familias como principais axentes educadores.
- Promover e dinamizar redes comunitarias de apoio e axuda mutua ás familias, favorecendo a prevención de situacións de risco e dificultade sociofamiliar.