Ir o contido principal

Proxecto de prevención de drogodependencias e conductas aditivas no eido local

prevencion drogas

PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

PROGRAMAS DE PREVENCIÓN NO MEDIO ESCOLAR E FAMILIAR CURSO 19/20

 

Os programas preventivos buscan un desenvolvemento integral das persoas baseándose na educación para a saúde. Para que a nosa actuación preventiva sexa o máis eficaz posible cómpre que forme parte dun proceso continuado e reforzado en sucesivos cursos académicos e integrado nos currículos.

O medio educativo é un marco idóneo onde traballar programas de prevención xa que nel conflúen familia, profesorado e iguais nun período tan longo como para que se faga sentir a súa influencia nos hábitos e costumes do alumnado. A participación de familia e profesorado nestes programas é moi importante polo papel que xogan como axentes de saúde.

O Concello de Cangas, desenvolve un programa de prevención de drogodependencias dende o ano 1997, que revisado ano a ano e ampliado, ten proxectadas para este curso académico 2019 – 2020 as intervencións nos centros de ensino que se detallan nesta carpeta e cuns obxectivos que son:

. Incidir no medio escolar para propiciar a xeración de actitudes e comportamentos de vida saudable.

. Dotar á comunidade educativa de instrumentos de traballo que faciliten un posicionamento positivo do alumnado ante a saúde.

. Crear un marco de debate e reflexión sobre o papel que ten o profesorado e as persoas que integran as familias como educadores e educadoras.

 

A experiencia de educar para a saúde na escola

Actividades para o alumnado que, aparte da información global se centran no incremento dos niveis de competencia persoal.

 

Obxectivos.

Dotar ao alumnado de información obxectiva e veraz sobre hábitos nocivos e darlle instrumentos para o coidado da saúde.

 

Contidos.

Os materiais didácticos do programa constan dunha guía do profesorado por ciclo educativo e fichas de actividades para o alumnado.

 

Destinatarios.

Profesorado e alumnado de tódolos ciclos educativos.

 

Metodoloxía.

Implantación progresiva do material no programa educativo do centro. O profesorado traballa a proposta utilizando unha metodoloxía participativa.

 

Inscrición.

Mediante impreso anexo ao comezo do curso.* Materiais pendentes de edición. Pódense conseguir na páxina web do SERGAS, nas direccións do anexo.

 

Obradoiro de habilidades sociais e prevención de drogodependencias.

O obradoiro trata de influír sobre as crenzas e actitudes dos escolares ante as drogas, as intencións de consumo futuras e os hábitos de consumo.

 

Obxectivos.

Propiciar o debate e a reflexión para xerar comportamentos de vida saudable, facilitando un posicionamento positivo do alumnado ante a saúde.

 

Contidos.

. Conceptos básicos en drogodependencias.

. Mitos e actiudes.

. Traballo básico de habilidades.

 

Destinatarios.

Alumnado de ESO. A demanda en EPO

 

Metodoloxía.

Non directiva, intentando establecer espazos de expresión, escoita e elaboración no aula para o traballo de actitudes a través do diálogo.

En todo caso, activa, participativa, dinámica e constructiva.

 

Inscrición:

Por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo.

 

Obradoiro de prevención de drogodependencias “Non pasa nada, pasa algo”

Obradoiro de prevención selectiva que trata de influír sobre as crenzas e actitudes ante as drogas reflexionando en torno aos hábitos de consumo.

 

Obxectivos.

Propiciar o debate e a reflexión para xerar comportamentos de vida saudable, facilitando un posicionamento positivo do alumnado ante a saúde.

 

Contidos.

. Información contrastada sobre drogas. Factores de risco e protección.

. Mitos e actitudes.

. Traballo básico de habilidades.

 

Destinatarios.

Alumnado de ESO. A demanda en EPO

 

Metodoloxía.

Non directiva, intentando establecer espazos de expresión, escoita e elaboración no aula para o traballo de actitudes a través do diálogo.

En todo caso, activa, participativa, dinámica e constructiva.

 

Inscrición:

Por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo.