Ir o contido principal

Espazo de fondeo. Proxecto de titorías para alumnado de ESO

espazo de fondeo

Espazo de atención personalizada onde acudir para profundizar ou resolver as inquedanzas en torno aos temas abordados nos obradoiros dos institutos.

 

Obxectivo.

Ofrecer un espazo de consulta privada onde atender as demandas do alumnado, e axustar a intervención ás súas necesidades especiais buscando favorecer o seu proceso de maduración.

 

Contidos.

Trataranse temas relacionados co intervención socioeducativa que se fai nos centros de ensino.

 

Destinatarios.

Alumnado de ESO.

 

Metodoloxía.

Traballo de escoita e elaboración conxunta a través do diálogo.

 

Inscrición:

Con cita previa por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo.