Ir o contido principal

Bonificacións programa Enredos

Bonificacións programa Enredos

Bases reguladoras para a concesión de axudas para asistir ao programa de tempo libre “Enredos de verán” 2019 para nenos/as do Concello de Cangas,

 

QUINTA.- REQUISITOS

Serán requisitos necesarios para solicitar as axudas os seguintes:

 

  1. A unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no concello de Cangas.

  2. Convivir cos nenos/as para os que se solicitan as axudas.

  3. Estar preinscrita nas actividades de Enredos de verán.

  4. Que os ingresos económicos da unidade familiar (Ingresos brutos – Aportación a Seguridade Social) non supere os seguintes limites establecidos en función do IPREM actual (537,84 €/mes):

 

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

(2 veces o IPREM)

12.908,16 €

1.075,68 €/mes

Familia de 3 membros

(2,5 veces o IPREM)

16.135,20 €

1.344,60 €/mes

Familia de 4 membros

(3 veces o IPREM)

19.362,24 €

1.613,52 €/mes

Familia de 5 ou mais

Membros

(3,5 veces o IPREM)

22.589,28 €

1.882,30 €/mes

 

Para os efectos destas axudas entendese por unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor así como os seus fillos/as solteiros /as menores de vinteseis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. A separación transitoria motivada por razóns de estudio, traballo, tratamento médico ou outras causas similares, non rompe a convivencia para estes efectos.

Nos casos de garda e custodia compartida dos/as menores para os que se solicita beca, contabilizaranse os ingresos de ambos proxenitores.

 

Terán a consideración de ingresos os de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras.

 

Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con dificultades socioeconómica, as solicitudes que cumpran os requisitos, se valorarán segundo os seguintes criterios: ingresos da unidade familiar, nº de fillos/as en idade escolar e problemática social. Puntuándose cada unha delas segundo baremo que figura na base oitava das presentes bases. A puntuación individual acadada de cada unha das solicitudes priorizará a orde de concesión, dentro da capacidade orzamentaria consignada para tal concepto.

 

Poderá valorarse a situación económica do ano 2019 da unidade familiar, sempre que se demostre que o nivel de renda da economía doméstica sufriu un forte decremento e que neste intre se cumpren os requisitos establecidos.

 

SEXTA.- CONTÍA DAS AXUDAS

As axudas a conceder mediante a presente convocatoria será de:

 

  • Bonificación do 100 % do custe do servizo para os/as nenos/as pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior a contía da RISGA [o 75 % do IPREM (403,38 € ) + 14 % do IPREM mensual adicional polo 2º membro (75,29 €); 12 % adicional polo 3º (64,54 €); 10 % adicional polo 4º e sucesivos (53,78 €) + 10 % adicional como Complemento de Aluguer (53,78 €)]

 

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

6.389,40 €

532,45 €/mes

Familia de 3 membros

7.163,88 €

596,99 €/mes

Familia de 4 membros

7.809,24 €

650,77 €/mes

Familia de 5 membros

8.454,60 €

704,55 €/mes

Familia de 6 membros

9.099,96 €

758,33 €/mes

 

 

  • Bonificación do 85 % do custe do servizo para os/as nenos/as pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior ao 125 % da contía da RISGA (incluíndo o complemento de aluguer)

 

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

7.986,72 €

665,56 €/mes

Familia de 3 membros

8.954,88 €

746,24 €/mes

Familia de 4 membros

9.761,52 €

813,46 €/mes

Familia de 5 membros

10.568,28 €

880,69 €/mes

Familia de 6 membros

11.374,92 €

947,91 €/mes

 

 

  • Bonificación do 60% do custe do servizo para os/as nenos/as pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior ao 150 % do IPREM + 15 % adicional por cada membro da unidade familiar + 10% adicional de complemento de aluguer.

 

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

10.326,48 €

860,54 €/mes

Familia de 3 membros

11.778,60€

981,55 €/mes

Familia de 4 membros

13.230,72 €

1.102,56 €/mes

Familia de 5 membros

14.682,84 €

1.223,57 €/mes

Familia de 6 membros

16.134,96 €

1.344,58 €/mes

 

 

  • Bonificación do 50% do custe do servizo para os/as nenos/as pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior a

 

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

(2 veces o IPREM)

12.908,16 €

1.075,68 €/mes

Familia de 3 membros

(2,5 veces o IPREM)

16.135,20 €

1.344,60 €/mes

Familia de 4 membros

(3 veces o IPREM)

19.362,24 €

1.613,52 €/mes

Familia de 5 ou mais

Membros

(3,5 veces o IPREM)

22.589,28 €

1.882,30 €/mes