
PARTICIPANTES
- Os/As nados/as no ano 2006 non poderán cumprir 13 anos antes da finalización do campamento.
- Idade mínima: Nados no ano 2015 .
Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.
PERSOAS CON DISCAPACIDADE
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
- Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios.
- Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
- Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. Esta capacidade poderá ser valorada polos equipos técnicos do Concello de Cangas.
A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na Casa da Xuventude.
Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.
DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR AS PERSOAS PARTICIPANTES SELECCIONADAS
-
- O xustificante do pagamento
- Unha fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante ou a folla correspondente do libro de familia.
- Unha fotocopia da tarxeta sanitaria
- O cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo II).
- A declaración responsable de que sabe nadar, somentes no caso de solicitude de campamento nautico.
No caso de persoas con discapacidade ademais:
- Certificado acreditativo do grao de discapacidade e a copia do ditame técnico facultativo emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
- Anexo III Cuestionario de necesidades específicas de apoio.
PRAZOS
|
Do ao de maio |
Exposición das listas e enmenda de errose |
5 días despois de pechar o prazo de inscrición. Procederase a facer públicas as listas de admitidos/as coas súas correspondentes quendas durante un prazo de 8 días naturais . Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos ou non atopan a solicitude, deben poñerse en contacto coa Casa da Xuventude. A comunicación dos erros deberá efectuarse durante o prazo de Exposición dos listados. Unha vez transcorrido ese prazo, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá reclamación ningunha. |
Publicación listados definitivos |
Unha vez rematado o praza de exposición das listas provisionais, e valoradas as posibles reclamacións, exporase a lista definitiva que non sufrirá variacións. |
PREZOS
A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas, en sesión ordinaria celebrada o 6 de novembro de 2017, ao amparo do artigo 4 da Ordenanza Reguladora de prezo público por impartición de cursos, ludotecas, viaxes e outras actividades de carácter deportivo e/ou socioculturais organizadas polo Concello (BOPPO nº 38 de 23/02/2012) acordou a aprobación dos seguintes presos públicos para o pago das actividades do programa “Enredos”:
* Por semana enteira. 25 €/ semana
* Tres día a semana (Luns, mércores e venres) 15 €/semana
* Dous días a semana (martes e xoves) 10 €/semana
* Campamento naútico 1 quincena. 45 €
* Comedor 4 €/día.
Cando o importe a abonar por unha familia supere os 200 €, poderá fraccionarse o pago, a petición do/a interesado/a realizándose do seguinte xeito: 1º pago 50% no momento de realizar a inscripción, 2º pago 50% na semana anterior ao inicio da actividade. Para solicitar o pago fraccionado deberá domiciliarse o 2º pago.
As persoas solicitantes das actividades poderán optar a unha bonificación sobre a taxa establecida en base a cumplir unha serie de requisitos:
1º.- Desconto por varios irmáns: A incripción dos irmáns terá unha bonificación do 50% cada un deles a partires da 2ª inscripción.
Esta bonificación soamente se aplicará sobre o prezo das actividades e non sobre o prezo do comedor.