Ir o contido principal

Xantar na casa

Xantar na casa

O programa Xantar na Casa concíbese como un programa social de atención nutricional e está dirixido aos colectivos de persoas maiores e de persoas en situación de dependencia. Ten como finalidade e obxectivo fundamental o de prestar apoio no domicilio, a quen o precise e así o demande, mediante prestacións alimentarias e de seguimento persoal para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios e usuarias.

Dende unha perspectiva integral, este servizo proporciona a posibilidade de complementar o servizo de axuda no fogar e de atender as necesidades relacionadas coa alimentación de persoas maiores e doutros colectivos ou usuarios que precisen do servizo. Ao mesmo tempo, con este servizo preténdese que os usuarios manteñan ao máximo a súa propia capacidade de independencia e autonomía, e que teñan a posibilidade de permanercer nos seus propios fogares cunhas condicións aceptables. En definitiva, búscase prestarlles máis atención e coidados ás persoas que o precisen no seu propio contorno, evitar o desarraigamento ou retardar posibles institucionalizacións. E, no eido familiar, preténdese contribuír no proceso de igualdade e de conciliación da vida familiar e laboral