Ir o contido principal

Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

Servicio Teleasistencia Domiciliaria

A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrompida cun equipamento de comunicacións e informática específicos. As persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só apertar un botón, poderán comunicarse coa central, atendida por persoal especializado para dar resposta á crise presentada; ben sexan situacións de emerxencia sanitaria, inseguridade, soidade e/ou illamento..

O servizo pretende proporcionar unha resposta inmediata que permita establecer unha comunicación entre o usuario e o centro de atención durante as 24 horas do día, os 365 días do ano.

 

A quen vai dirixido?

  • Persoas que viven ou están soas e cuxas limitacións físicas e/ou psíquicas lles impidan ou dificulten a solicitude de axuda ou aviso a familiares e servizos médicos en caso de urxencia.

  • Padecer patoloxías ou ter limitacións persoais polas que se encontren en situacións de especial fraxilidade ou vulnerabilidade, e que requiran a utilización de dispositivos de alarma e control.