Ir o contido principal

Recollida selectiva

Recollida de residuos

RECOLLIDA SELECTIVA  dos residuos nos restaurantes " Composta Morrazo!"
A Mancomunidade de Concellos do Morrazo está a por en marcha unha nova campaña para a recollida dos residuos orgánicos dos grandes xeradores. O obxectivo principal desta recollida Porta a Porta é mellorar a xestión dos residuos da Mancomunidade e incrementar as taxas de reciclaxe para aproximarse aos obxectivos das diferentes normativas; europea, estatal e autonómica. A normativa europea e estatal esixen acadar o 55% na reutilización e na reciclaxe dos residuos domésticos en 2025.


Ademais a nova lei de residuos de Galicia esixe instaurar antes do 31 de decembro de 2023 a recollida separada dos biorresiduos.


Para chegar a estes obxectivos, tanto as administracións públicas como o tecido empresarial e os propios cidadáns, deben asumir as súas respectivas responsabilidades e ser parte activa na recollida e na xestión do lixo. Un dos principais xeradores de biorresiduos son os establecementos de restauración e hostalería. De aí o importante papel que xoga a súa colaboración á hora de separar correctamente estes residuos.


Dende a Mancomunidade queremos animarlles a participar nesta nova recollida.


As/Os hostaleiras/os que se adhiran a esta campaña, recibirán unha visita do noso persoal técnico, onde se lles informará sobre a dinámica da separación en orixe e a nova sistemática do colector marrón. Ademais farase entrega dun colector para poder realizar a separación dos biorresiduos cunha maior comodidade no seu propio local.


Para colaborar na mellora continua dos servizos prestados podedes expresar as vosas propostas e aportacións no seguintes correo electrónico: - info@mancomunidadedomorrazo.gal
Como ven, o seu papel é moi importante polo que desde a Mancomunidade dámoslles as grazas, anticipadas pola súa colaboración que nos axudará a conseguir aforros económicos para todos, e un municipio máis ecolóxico e sostible.

Descargas