Ir o contido principal

Novo modelo de recollida de voluminosos

Novo modelo recollida de residuos

A Mancomunidade de Concellos do Morrazo informa sobre o novo modelo de recollida de voluminosos.

Este novo modelo funcionará cun previo acordo entre a empresa e o usuario. O usuario que desexe retirar un voluminoso poderá contactar no teléfono 900 725 425 coa empresa e establecer unha data e hora para facer a recollida.

O servizo a domicilio de recollida de mobles e enseres é totalmente gratuito e, ademáis, infórmase que queda terminantemente prohibido o depósito de residuos á beira dos contedores.

Para colaborar na mellora continua dos servizos prestados podedes expresas as vosas propostas e aportacións no seguinte correo electrónico: info@mancomunidadedomorrazo.gal

Como ven, o seu papel é moi importante, polo que desde a Mancomunidade dámoslle as grazas anticipadas pola súa colaboración que nos axudará a conseguir aforros económicos para todos, así como un municipio máis ecolóxico e sostible.