As persoas interesadas poderán solicitar o servizo das biotrituradoras dende xa presentando a solicitude debibamente cuberta xunto cunha copia do recibo do lixo no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica.
As biotrituradoras estarán dispoñibles nas dependencias do Concello onde poderán ser recollidas pola veciñanza interesada en triturar os restos vexetais do propio fogar e usalos como estructurante para a compostaxe de residuos orgánicos, ou incluso como material de alcolchado para horta e xardín. Fomentando ademáis a correcta xestión dos residuos de orixe vexetal xerados no ámbito municipal e contribuíndo a disminución do número de queimas e consecuentemente a reducción dos riscos de incendio e contaminación ambiental.
As biotrituradoras foron suministradas grazas a subvención concedida a Mancomunidade de Concellos do Morrazo pola Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A ordenanza de préstamo e o formulario de solicitude están dispoñibles tanto na páxina web do Concello de Cangas coma nas propias dependencias municipais.
DESCARGAS