Ir o contido principal

Plan de acción para el clima y la energía sostenible de Cangas

cartel paces

 ¿Qué é o cambio climático?

Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra. Esta variación débese a causas naturais e foi agravada pola acción do home.

O cambio climático é unha realidade que afecta a diferentes ámbitos:

  • Afecta á saúde das persoas máis vulnerables.
  • Diminúe a dispoñibilidade de recursos. Por exemplo os recursos hídricos, que afecta tanto á calidade como á cantidade do noso ben máis prezado, a auga
  • Prodúcense de maneira máis pronunciada episodios de fenómenos meteorolóxicos extremos.
  • Aumenta o risco de incendios e inundacións

 

 ¿Qué é o Pacto dos Alcaldes?

O Pacto dos Alcaldes é o principal movemento europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética e utilizar fontes de enerxía renovable nos seus territorios. Os alcaldes asinantes comprométense a reducir as emisións de gases efecto invernadoiro do municipio nun 40% para o ano 2030.

 

 ¿Qué beneficios ten este pacto para a cidadanía?

  • Para a cidadanía, redunda de maneira directa e positiva na redución da factura eléctrica.
  • Para as empresas, un uso máis eficaz dos recursos permitirá aforrar diñeiro e crear emprego.
  • Para as industrias con gran utilización de enerxía, uns procesos máis eficaces reducirán os custos, aumentarán a competitividade.
  • Proporciona unha mellora da calidade dos espazos públicos que redundará en beneficio tanto da cidadanía como do sector terciario: restauración, comercio, hostalería, turismo.
  • Garantir a saúde e calidade de vida da poboación actual e xeracións futuras. Está demostrado que a redución de emisións redunda positivamente na saúde da poboación, podendo gozar dun aire máis limpo.
  • Fomentar a colaboración entre os sectores públicos e privados en materia de adaptación.
  • A posibilidade de xerar novas oportunidades de negocio para o desenvolvemento económico local, novos empregos e empregos ecolóxicos.

 

O Concello de Cangas uniuse a este movemento dando conta do compromiso medioambiental que ten tanto co medio ambiente como cos veciños e veciñas do concello.

                                                    

cartel paces