Ir o contido principal

PPP

Cómpre resaltar que os cans potencialmente perigosos que transiten ou circulen por vías públicas ou zonas verdes irán provistos de buceira.

A posesión de animais potencialmente perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da correspondente licenza municipal, que se expedirá no Concello de residencia habitual do propietario.  Estas licenzas terán unha vixencia de cinco anos, transcorrido ese período deberán ser obxecto de renovación, por período de igual duración. Para a obtención da licenza municipal será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade.
  • Non ter sido condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos.
  • Non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
  • Dispoñer de certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica para a tenza de animais potencialmente perigosos.
  • Acreditación de ter formalizado un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poida causar o animal, cunha cobertura mínima de 125.000 Euros. Este seguro deberá renovarse anualmente. Haberá un seguro por cada animal.