
Horario
- de luns a venres de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00.
- sábados de 9:00 a 14:00.
Como inscribirse
* só poderá facerse de xeito presencial na propia piscina.
A persoa aboadora cubrirá os seus datos de filiación no documento FOLLA DE INSCRICIÓN (que lle facilitará o persoal da propia piscina), cumprimentando os distintos apartados e firmando o documento.
Documentación a achegar xunto á folla de inscrición en función do abono a realizar:
Para TODOS os abonos:
- Fotocopia do DNI (membro/s).
- Certificado IBAN nº de Conta na que se domiciliarán mensualmente as cotas futuras tras a inscrición.
Ademais para os abonos seguintes deberase achegar a seguinte documentación adicional:
Xubilado/a ou 3ª Idade:
- Certificado de xubilación, en caso de que a persoa usuaria sexa menor de 65 anos, do contrario bastará coa fotocopia do DNI.
Persoa con discapacidade:
- Certificado do grao de discapacidade en vigor, superior ou igual ao 33%.
Familiar:
- Libro de Familia.
- Certificado de empadroamento familiar.
- Certificado de Convivencia.
- Certificado de Parellas de Feito.
Familia Numerosa:
- Libro de Familia Numerosa.
Menor:
- Autorización Paterna / Materna/ Titoría legal.
Pago en EFECTIVO da Matrícula, a realizar na Recepción de A Balea que corresponda ao ABONO + a cota prorrateada da mensualidade.