Ir o contido principal

Premio Ignacio Cerviño a la Recuperación / Promoción del Patrimonio

 

Dirixido a todas as persoas, colectivos ou entidades públicas ou privadas que se distinguiron por desenvolver iniciativas de investigación, recuperación, posta en valor, promoción... do noso patrimonio histórico, artístico, documental, ambiental ou arquitectónico. Neste apartado poderán ser premiadas tamén obras concretas que vaian en consonancia co obxecto do premio.

Bases

1.- Os premios consistirán nun recoñecemento oficial, non levando aparellada remuneración económica.

2.- Poderán presentar candidaturas todas as asociacións culturais, veciñais, artísticas e sociais do Municipio de Cangas, así como todos os partidos políticos e grupos municipais da Corporación canguesa, ata o 15 abril de 2017. As candidaturas debidamente motivadas presentaranse por escrito e asinadas polo promotor no Rexistro Xeral do Concello de Cangas, ou por correo electrónico: cultura@cangas.gal

3.- De entre todas as candidaturas, un xurado composto polos seguintes membros escollerá as propostas gañadoras:

*O Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, ou persoa en quen delegue, que presidirá o xurado.

*Tres persoas de recoñecido prestixio, que non sexan candidatas na mesma edición e preferentemente premiados/as anteriormente. Estas persoas serán nomeadas polo Sr. Concelleiro de Cultura.

* Os/as seguintes técnicos/as municipais:

  • Un/unha técnico/a da área de Xuventude.
  • O/A Director/a do Auditorio Municipal.
  • O/A Director/a do Conservatorio ou da Escola de Música.
  • Un/unha técnico do Departamento de Cultura.
  • Un/unha bibliotecario/a responsable da Biblioteca Central ou das Parroquiais, escollido/a entre eles.
  • Un/unha técnico/a responsable da área de Urbanismo.

Entre todos os membros do xurado escollerán un/unha secretario/a que actuará con voz e con voto e que levantará acta dos acordos.

4.- Os galardóns entregaranse na "Festa da Cultura" que se celebrará no Auditorio Municipal o 17 de maio de 2017.