Ir o contido principal

Fogueiras de San Xoan

De todas as festas que se celebran en Galicia semella ser esta, polas súas características, a que maior número de manifestacións e rituais aglutina; e a que maior interese colectivo suscita en todos os recunchos do país. Considerada como unha das festas primitivas estacionais e preñada de fonda mitoloxía,  o San Xoan segue manifestando hoxe en día o seu poderoso ritual, convocando a milleiros de persoas  nos eirados e nas praias, adquirindo un extraordinario empuxe  que semella seguir os pasos doutras festas tradicionais como o Entroido.