Ir o contido principal

Subvencións destinadas ao desenvolvemento de programas e actividades de Servizos Sociais e Igualdade para o ano 2017

FacebookTwitterShare
Subvencións

A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades de carácter social sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, que desenvolvan actividades para promover o benestar social da cidadanía do Concello de Cangas a través de accións ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadá, dentro do ámbito de intervención da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade e que se realicen durante o ano 2017, no Concello de Cangas.