Ir o contido principal
Xoves 16 Marzo 2017 ás 18.30 horas no Salón de Plenos Concello de Cangas.

Xornadas educativas

FacebookTwitterShare
Xornadas educativas

“Videoxogos, xogos on line e apostas na Rede. Unha visión práctica e humana do xogo entre os adolescentes”

ANTONIO RIAL BOUBETA, Profesor da USC

Nos últimos anos vense observando unha crecente preocupación polo uso abusivo de Internet, as redes sociais e os videoxogos entre nenos e adolescentes. O seu impacto a nivel psicolóxico e conductual tradúcese con frecuencia en prácticas de risco ou incluso novas formas de delito, como elcyberbullying, o sextingylasextorsióno o grooming, que tanta alarma social está a crear. Tampouco debemos esquecer que pode chegar a asociarse a un maior sedentarismo, aparición de trastornos da alimentación e do sono, aillamento social, deterioro dos estilos de vida, fracaso escolar ou incluso un incremento preocupante da violencia en xeral. Neste contexto o uso dos videoxogos, os xogos on line ou as polémicas apostas deportivas a través de Internet conlevan consigo non poucas preocupacións e conflitos a nivel familiar e escolar. “Dime a que xogas e direiche quen es ou, polol menos, en que te podes chegar a convertir. Ese podería ser o lema a mensaxe subliminal da conferencia do cangués ANTONIO RIAL BOUBETA, profesor da Universidade de Santiago, que terá lugar este XOVES DÍA 16 DE MARZO DE 2017 ás 18:30h no Salón de Plenos do Concello de Cangas.

Máis alá das innegables potencialidades que o xogo posúe na aprendizaxe dos máis pequenos, o certo é que nunha sociedade como a nosa, onde a industria do videoxogo supera en volume de facturación á música, o cine oo o teatro xuntos, o risco de ludopatía está aumentando moi aceleradamente, sen que nais/pais e educadores/as sepamos moi ben que facer diante desta nova problemática. Os expertos estiman que hoxendía no Estado Español 2 de cada 3 adolescentes teñen xa como principal hábito de ocio os videoxogos e xogos on line, baseados no modelo de negocio  Free to Play, Play to Win (“gratis para xogar, pagar para gañar”), que máis alá dos abondosos beneficios que xenera a nivel comercial, remata por enganchar literalmente a miles de adolescentes. O mesmo pode dicirsedas webs de apostas e os xogos de azar na Rede, un negocio monstruoso que non para de medrar e que só en España move máis de 10.000 millóns de euros ao ano. Inda que para os menores constitúe unha práctica ilegal, estímase que tan só no último ano en Galicia teñen apostado diñeiro na Rede máis de 5.000 adolescentes.

Ao longo da charla o profesor Rial Boubeta intentará poñer sobre a mesa algúns datos reveladores ao respecto e, ao mesmo tiempo, recomendaciónns para que tanto nais/pais como educadoras/es sexamos capaces de facerlle fronte a esta nova problemática con un mínimo de ferramentas para o día a día.

Ponente: Prof. Dr. Antonio Rial Boubeta

Antonio Rial Boubeta é doctor en Psicoloxía Social e Profesor Titular da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

Director técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario, e experto en metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da saúde. Autor de máis dunha centea de artígos en revistas científicas de ámbito estatal e internacional, director de máis de un quincena de teses doctorais e responsable de distintos proxectos de investigación no ámbito dos/as adolescentes.

En 2011 foi coordinador do estudio “Adolescentes e Internet en Galicia” realizado polo Valedor do Pobo yla Consellería de Educación, e en 2014 do estudio “Mocidade On Line”, que é ata hoxe o estudio de maior importancia feito en España sobre el tema, cunha mostra de máis de 44.00 adolescentes e cuxos resultados foron publicados nas revistas de maior prestixio internacional como Cyberpsychology. É autor tamén do libro “Adolescentes y Nuevas Tecnologías: una responsabilidad compartida” e colaborador habitual de diferentes medios de comunicación. Foi o encargado de elaborar a Guía Docente do Curso de Formación Continuada que actualmente ten o Consello Xeral de Psicoloxía de España, sobre elUso Problemático de Internet entre los adolescentes; é docente tamén do curso de Adiciónss tecnolóxicas, organizado pola Consellería de Sanidade, titor do curso sobre Prevención do Bullyingy o Cyberbullying, da Consellería de Educación para orientadores/as e profesorado de toda Galicia e conferenciante en grande número de xornadas e seminarios sobre problemas relacionados coa adolescencia, como o Uso problemático de Internet, as redes sociais e as Novas Tecnoloxías, o xogo on line, o cyberbullying e incluso o consumo de alcohol e outras drogas.