Ir o contido principal

XIV Xornadas Interculturais: Crecendo na Diversidade. Festa Intercultural

FacebookTwitterShare
 XIV Xornadas Interculturais: Crecendo na Diversidade. Festa Intercultural

As Concellerías de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade xunto coa Concellería de Ensino e a Concellería de Xuventude e Voluntariado organizan as XIV Xornadas Interculturais: Crecendo na diversidade. Durante o mes de abril tiveron lugar as actividades dirixidas á poboación escolar de Cangas nas que participaron os seguintes centros: CEIP A Rúa, CEIP San Roque, CEIP do HÍo, CEIP Nazaret, CEIP Espiñeira, CEIP Castrillon, CPR Compañía de Maria, CPR Casa de la Virgen, CRR Eduardo Pondal, IES Rodeira e IES Montecarrasco. As ONG´S que impartiron os obradoiros foron: Arquitectura sen fronteiras, Solidariedade Internacional de Galicia, Oxfam-Intermon, Ecos do Sur e Anxo Moure. Como remate destas Xornadas, o vindeiro sábado 26 de maio a partir das 18:00 hORAS, terá lugar a Festa Intercultural na Alameda Vella de Cangas.

Programa:

18:00 horas. Apertura de postos solidarios e de comercio xusto: Adicam, Oxfam-Intermón, Shanga-India, Solidariedade Internacional de Galicia, DOA, AECC.

18:30 horas. Agrupación de Conservatorio e Escola de Música de Cangas

19:00 horas. Obradoiro danzas do mundo impartido por Bea Díaz

20:00 horas. Grupo Danza Oriental de Margarita Outeiral

Nestas xornadas os obxectivos de traballo foron os de achegar á veciñanza de Cangas diversas experiencias de integración de Galicia e do resto do Estado tanto a nivel educativo como a nivel social, e experiencias de sensibilización e cooperación a través da participación en distintas actividades. Na Festa Intercultural implícanse a diversos colectivos sociais que traballan e realizan as súas actividades en Cangas e na comarca ademais de ONG que transmiten os valores do comercio xusto.