Ir o contido principal

Os xoguetes non teñen xénero: Hoxe é un xogo, mañá o seu futuro

FacebookTwitterShare
Xoguetes

Xogar é un dereito que dende as institucións e familias debemos protexer, pero tamén é unha fonte de aprendizaxe, mentras xogamos aprendemos a respetar , a tratar con igualdade, a rexeitar a violencia, si queremos unha sociedade xusta debemos educar e fomentar os xogos que nos poidan proporcionar todos estos valores.

Os xoguetes non teñen xénero, por iso esta campaña surxe do compromiso deste goberno cara a igualdade de oportunidade, igualdade real e efectiva . A maior riqueza que podemos proporcionar as nosa crianzas é que poidan xogar libremente, sen temor a expresar os seus desexos, sen limitar as súas aspiracións , sen encasillalos nuns rols cos que non naceron.

Traballemos en rede, nas institucións, nas fabricas, nas familias para que xogar sexa un mecanismo de aprendizaxe.

Nenas e nenos deben ter liberdade para decidir a qué queren xogar e qué queren ser.

1. Non hai xoguetes de nenas e de nenos. Hay estereotipos sexistas e etiquetas que limitan e encasillan.

2. Non hai cores de nenas e de nenos, só etiquetas sociais que limitan a súa creatividade.

3. Apostemos por xogos e xoguetes que nos proporcionen valores de igualdade, que reflexen a diversidade de cada persoa.

4. Os xoguetes tamén ensinan, ten en conta que sexan seguros , acordes a idade e libre de prexuizos sexistas.

5. Os xoguetes cooperativos ensinan a compartir espazos, dentro e fora de casa, e promoven a construcción dun mundo máis igualitario.

6. Compartir xogos de hoxe, será compartir traballos e responsabilidades mañá.

7. Xogar ensina a convivir cando se fomentan actitudes de solidaridade, de equidade e de respeto a diversidade.

8. Xogar é aprender a imaxinar e a expresar sentimentos e emocións.

9. Para fomentar o coidado e a atención as persoas, as muñecas son unha opción ideal tamén para os nenos.

10. Os xogos que representan a homes e mulleres, favorece as relacións igualitarias.

11. Xogar é unha forma de expresarse, relacionarse e medrar en igualdade.

12. As profesións non teñen vénero os xoguetes tampouco.