OBRADOIROS DE LECER PARA MAIORES
A Concellería de Benestar do Concello de Cangas abrirá o vindeiro luns 14 de setembro o prazo de inscrición para os Obradoiros de Lecer para persoas maiores do curso 2026/2027.
Estes obradoiros teñen como obxectivo promover un envellecemento activo e saudable, ofrecendo ás persoas participantes unha alternativa para ocupar o seu tempo de lecer dun xeito participativo, consciente e útil.
A programación inclúe actividades físicas, artísticas, culturais e de estimulación, pensadas para favorecer a participación das persoas maiores na vida social e cultural da comunidade.
OBRADOIROS OFERTADOS:
- Ximnasia
- Relaxación-Ioga
- Pilates
- Debuxo e pintura
- Baileterapia
- Expresión corporal e teatral
- Memoria
- Corte e confección
INSCRICIÓNS:
As inscricións realizaranse presencialmente no Centro Sociocomunitario, situado na rúa Cuba, fronte ao Concello de Cangas.
Prazo: do 14 ao 25 de setembro, ambos incluídos.
Horario: de 9.30 a 13.00 horas.
REQUISITOS IMPRESCINDIBLES
Estar empadroado/a no Concello de Cangas.
Ter máis de 55 anos, acreditando ser pensionista ou carecer de rendas, agás o subsidio de desemprego, e non ter traballado nos últimos 12 meses.
Pagar a taxa de 30 euros por obradoiro no momento da inscrición.
Cada persoa poderá inscribirse nun máximo de 3 obradoiros.
- Log in to post comments



