Día Mundial da Concienciación do Autismo

No día de hoxe tivo lugar a presentación do programa de actividades previstas para a celebración do #DíaMundialdoAutismo, contando coa presenza da Concelleira de Servizos Socias de Moaña, María Ortega, o Concelleiro de Servizos Sociais de Cangas, Tomás Hermelo, o Concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón, e representantes de Autismo Morrazo, Fecimo e profesorado do Colexio Compañía de María.
Con motivo do Día Mundial da Concienciación do Autismo o vindeiro domingo 2 de abril, os Concellos de Cangas e Moaña elaboraron unha programación conxunta para darlle visibilidade ao autismo a través das seguintes xornadas:
- 30 de marzo ás 18:30 horas. Inclusión e Atención personalizada do Alumnado con TEA. Impartida por Carmen Márquez López. Psicóloga clínica e Directora técnica do servizo de menores da Asociación BATA. Salón de Plenos do Concello de Cangas.
- 31 de marzo ás 19:00 horas. Charla informativa Subvencións e Axudas para as familias. Impartida por María del Mar Soage Bernárdez, traballadora social do Concello de Moaña. Salón de Plenos do Concello de Moaña.
- 1 de abril ás 12:00 horas. Exhibición de HipHop a cargo do grupo BOOMBOX. Praza da Constitución do Concello de Cangas.
Ás 12:45 horas. Solta simbólica de globos azuis na que animamos a participar a todos os nenos e nenas.
- 2 de abril, Día Mundial da Concienciación do Autismo.
Ás 11:00 horas. Massterclass Solidaria de Zumba no pavillón de Reibón no Concello de Moaña. Donación 3 euros.
Ás 12:30 horas. Ao remate da massterclass sorteos de agasallos doados por diferentes comercios dos Concellos de Cangas e Moaña.
Ás 13:30 horas. Solta de globos simbólica nos espazos exteriores do Concello de Moaña.
Esta iniciativa comarcal socioeducativa pretende dar visibilidade ao trastorno do espectro autista aproveitando a festividade que desde o ano 2008 se ven celebrando o 2 de abril.
Nesta ocasión o lema é “Rompamos xuntos barreiras polo autismo” e trátase dunha programación comarcal a través da colaboración dos Concellos de Cangas e Moaña. “Tratamos de derrubar tópicos e lendas”.
A partir de mañá os Concellos contarán con pancartas conmemorativas e o Concello de Cangas iluminará a súa fachada de cor azul, símbolo do autismo. A idea de cara ao futuro sería xuntar aos Concellos de Cangas, Moaña e Bueu a fin de realizar a programación de maneira conxunta.
Desde os Concellos convidan a toda a veciñanza a participar destas xornadas.
- Log in to post comments