Ir o contido principal

8 de marzo. Día da Muller Traballadora

FacebookTwitterShare
Cartaz Día da Muller Trabaladora

Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade presentamos o programa elaborado con motivo do Día Internacional das Mulleres en colaboración co Consello Municipal de Igualdade e coa Concellería de Cultura e Normalización Lingüística.

Mércores 8 de marzo

Ás 20:00 horas no Auditorio Municipal:

  • Lectura do Manifesto polo Día Internacional das Mulleres a cargo de diferentes mulleres propostas polo Consello Municipal de Igualdade.
  • Presentación e proxección do documental “Non me chamo Nena: unha historia das mulleres de Cangas” de Andrea Bernárdez.
  • Coloquio: Andrea Bernárdez (Directora), Aurora Prieto Gago, Clara Millán González, María Armesto, Amalia Troncoso Currás, Cristina Bernárdez (Moderadora).

"Non me chamo nena: Unha historia de mulleres de Cangas"

  • Título: "Non me chamo nena: unha historia das mulleres de Cangas".
  • Ano: 2017.
  • Duración: 54min.
  • Xénero: Documental.
  • Idioma: Galego e castelán.
  • Dirección: Andrea Bernárdez.
  • Produción: Andrea Bernárdez.
  • Cámara e Son: Sara Lorenzo e Sandra Pastoriza.
  • Participan: María Armesto, Cristina Bernárdez, Lucía Bernárdez Soliño, Mónica Camaño, Rosa De La Campa Portela, Marta Docío Alfaya, Gaila Fernández Mariño, Marta Giráldez Villar, Iria González Escolar, Maxi Malvido Pazó, Clara Millán González, Beatriz Molanes González, Marisa Paz Pérez, Dolores Piñeiro Rial, Aurora Prieto Gago, Helena Rodríguez Domínguez, Amalia Troncoso Currás.
  • Sinopse: Neste documental un conxunto de mulleres de Cangas de diversos eidos reflexionan sobre a súa historia de vida e sobre o impacto que as desigualdades de xénero tiveron en si mesmas e nos espazos nas que elas se desenvolveron. Así como tamén as estratexias e liñas de acción que adoptaron para o seu empoderamento.

 Venres 10 de marzo

Ás 12:00 no Auditorio de Cangas:

  • Teatro “30 e tantos ósos” de Aporía Teatro, dirixido ao alumnado de secundaria. Participan IES Rodeira, IES María Soliño e Colexio Compañía de María.
  • Ás 17:30 horas na Escola Vella do Hío:
  • Obradoiro “Na procura da Muller Salvaxe” a cargo de Aporía Teatro.

 Na procura da muller salvaxe

  • A quen vai dirixido: a mulleres que desexen afondar en si mesmas, desde unha actitude honesta, para confrontarse coas capas que lles impón a sociedade na que están inmersas e que as afastan daquilo que realmente son.
  • Día e lugar: venres 10 de marzo na escola vella do Hío.
  • Horario: de 17:30 a 21:30 horas.
  • Duración: 4 horas.
  • Destinatarias: 12 mulleres.
  • Obxectivos do taller:
    • Reflexionar sobre a orixe dos complexos, as actitudes ou inseguridades que xurdiron deles e como condicionaron a súa forma de relacionarse con elas mesmas e cos/cas demais.
    • Expoñer os lastres que arrastra cada unha desde unha dinámica autocrítica, lúdica e liberadora.
    • Aprender a rir de si mesmas.
    • Entrar en contacto coa nosa parte máis instintiva e salvaxe.
  • Imparte: aporía teatro.
  • Inscrición: centro de información ás mulleres de cangas (cim). rúa andalucía 3 Baixo, Edificio Xoia. Teléfono: 986 392 268.

Domingo 12 de marzo

Ás 20:00 horas no Auditorio Municipal:

  • Teatro "30 e tantos ósos" de Aporía Teatro".

"30 e tantos ósos"

  • Dirección e dramaturxia: Diana Mera.
  • Interpretación: Teté García, Diana Mera, Merche Pérez, María Roja.
  • Espazo escénico e Iluminación: Diego Valeiras.
  • Música en directo para piano: Teté García.
  • Gravación e edición de vídeo: Pablo Pintor.
  • Fotografía: César Carballo, Natasha Lelenco.
  • Fotografía cartel: Miguel Vidal.
  • Deseño gráfico: María Roja.
  • Duración: 70 min.
  • Sinopse: 30 e tantos ósos é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar aos seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.
  • Entrada: 8€.
  • Entrada reducida: 5€ pensionistas, demandantes de emprego, estudantes, carné xove, xubilados/as.
  • Premios: María Casares ao Mellor Texto Orixinal / Diana Mera, Teté García, Merche Pérez Marzo 2016

Do 6 ao 28 de abril

Exposición e presentación do libro "Elas" de Aurora Marco.

O libro "Elas" (A Xanela Editorial) é unha compilación de biografías seleccionadas ad hoc, que permite ter unha visión do papel determinante que tiveron na sociedade do seu tempo as mulleres galegas. Todas as mulleres que nos presenta neste libro ilustrado plasman a realidade de distintas formas, que desde unha posición relativamente visible achegan a reivindicación dos espazos femininos. A obra complétase con dezaseis serigrafías, debidamente numeradas e asinadas por cada unha das artistas.

O acto de presentación terá lugar o xoves 6 de abril ás 20:00  cargo da autora, Aurora Marco e do editor Jose Manuel Calviño.

Ao remate da charla visitarase a exposición que acompaña a obra e que está composta por 38 cadros de 8 pintoras galegas: Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.

Estas pinturas forman parte dos contidos do libro. Con estas obras as pinturas nos dan a súa visión, a través da plástica, da vida e obra das mulleres galegas.

Lugar: sala de Exposicións Ángel Botello da Casa da Cultura de Cangas.

Esta mostra poderase visitar ata o 28 de abril nos seguintes horarios: de luns a venres, de 8:30 a 21:30 horas e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.