SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS ANO 2021
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia publicou as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
As persoas físicas que realicen a renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade autónoma de Galicia
ELECTRODOMÉSTICOS SUBVENCIONABLES:
- Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Lavadora A, B ou C
- Lavalouza A, B ou C
- Placas de cociña de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas).
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.
Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega (www.inega.gal).
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 20 de abril de 2021 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos.
Máis información na dita convocatoria, chamando ao concello ao 986 39 22 66 , ou na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal), no teléfono 981 54 15 00 ou presencialmente no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 15 00.
- Log in to post comments



