Ir o contido principal

Medida de prevención do COVID-19

FacebookTwitterShare
Medida de prevención do COVID-19

Primeiramente transmitir a toda a veciñanza de Cangas unha mensaxe de calma, e que garantir a saúde de todas as persoas é a nosa prioridade en estes momentos e que a solidariedade e a responsabilidade de todos e todas é a mellor medicina contra o Coronavirus, tendo actuacións preventivas, responsables e valentes axudará ao coidado das persoas mais vulnerábeis.

Dende o Concello comunicamos:

  • Cese de todas as actividades que se fan en grupo.
  • Peche de instalacións municipais como o Centro Comunitario, Conservatorio, Escola de Música, Bibliotecas e a Piscina. 
  • Aconséllaselle á cidadanía o uso de medios electrónicos e telefónicos para realizar xestións coa administración local. 

Policía Local, Protección Civil, Técnico de Prevención, Comité de Prevención de Riscos Laborais, persoal de limpeza xa recibiron hoxe indicacións para facer fronte a nova situación.

Dende a Concellaría de Sanidade iremos informando de todas aquelas recomendacións que das autoridades sanitarias se nos fagan chegar e que aquí axuntamos, pero sempre lembrando que a mellor recomendación é que todos e todas actuemos con actitudes preventivas, responsables e solidarias.