Ir o contido principal
Exposición PÁNIKO NA CAPELA 10.0 “LEMBRO QUE UN DÍA..."

Día Mundial da Saúde Mental 2019

FacebookTwitterShare
Exposición polo Día Mundial da Saúde Mental

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade quere sumarse á Asociación DOA Saúde Mental que, con motivo dos actos do Día Mundial da Saúde Mental 2019, inaugurará a Exposición PÁNIKO NA CAPELA 10.0 “LEMBRO QUE UN DÍA...“ na Capela do Hospital (Alameda Nova) o martes 8 de outubro ás 17:00 horas. O horario de apertura da exposición dende ese día será o mércores 9, xoves 10 e venres 11 de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 e o sábado 12 e domingo 13 de 10:30 a 13:30.

Este ano a conmemoración xira en torno ao suicidio, considerado pola OMS un dos problemas máis graves de saúde pública e que, consecuentemente, debe ser atendido de forma prioritaria. Queremos reivindicar unha abordaxe transversal do suicidio para mitigar os seus efectos. É preciso traballar na prevención, detección, diagnóstico, tratamento e continuidade de coidados dos problemas de saúde mental,así como avisibilización desta realidade que está tan oculta na sociedade.