Ir o contido principal

Convocatoria de eleccións de representantes do Consello Municipal de Saúde

FacebookTwitterShare
Convocatoria de eleccións de representantes do Consello Municipal de Saúde

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar a proposta do Concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade para a convocatoria de eleccións para prover os representantes dos diferentes colectivos que conformarán o Consello Municipal de Saúde (CMS).

De conformidade co artigo 10.1 do Regulamento do Consello Municipal de Saúde de Cangas, formarán parte do Pleno do mesmo, entre outros, os seguintes:

  • Cinco persoas representantes polas asociacións de veciños/as inscritas no rexistro de asociacións do concello, elixidas entre estas e garantindo o nomeamento dunha persoa representante por cada unha das parroquias de Cangas.
  • Dúas persoas representantes polas asociacións culturais, deportivas, xuvenís, consumidores, amas de casa e asociacións de nais e pais de alumnos/as, inscritas no rexistro de asociacións do concello, elixidas entre estas.

Polo anteriormente exposto convocaranse dúas xuntanzas o vindeiro mércores 25 de xaneiro de 2017 na Casa da Xuventude (Rúa Real s/n), a fin de proceder á elección das persoas representantes dos nomeados colectivos no Consello Municipal de Saúde de Cangas. Quedan convocadas ás 18:00 horas as Asociacións de Veciños/as e ás 19:00 horas as Asociacións Culturais, Deportivas, Xuvenís, Consumidores, Amas de Casa e ANPAS.