NOVA APP DO CONCELLO

O Concello de Cangas, desde a Concellaría de Transparencia e Alcaldía dá a coñecer a nova aplicación móbil con toda a información sobre o municipio.
O Concello pon en marcha una aplicación móbil gratuíta dispoñible tanto para iOS como Android, que facilita o acceso da veciñanza e turistas á información relevante do concello, como actividades, e ao mesmo tempo permite comunicar calquera incidencia que observen.
A súa finalidade é dar resposta á demanda de crear un produto que favoreza “a transparencia e accesibilidade directa ás veciñas e veciños, ao tempo que nos permite dar a coñecer o concello en tódolos seus puntos e axiliza a detección de incidencias que temos que solucionar”, tal e como detalla Victoria Portas, alcaldesa deste Concello.
Os veciños/as e turistas poderán gozar dunha experiencia de usuario/a cómoda e intuitiva.
APP de Cangas disponible en :
Play Store ou Google Play para Android, e buscar Concello
de Cangas.
App Store para iOS
Por Códigos QR que poñemos a disposición da veciñanza
nos carteis da APP e das actividades do noso Concello.
- Log in to post comments