Ir o contido principal

PUNTO LILA NAS FESTAS DO CRISTO

FacebookTwitterShare
Cartel Punto Lila

O Concello de Cangas habilitará un Punto Lila durante varios días das Festas do Cristo, co obxectivo de ofrecer atención, información e sensibilización fronte ás violencias machistas e sexuais.

O servizo estará situado na Rúa Cuba, fronte ao Concello de Cangas, e funcionará os días 22, 28, 29, 30 e 31 de agosto, en horario de 23.30 a 05.30 horas.

O Punto Lila estará dispoñible como espazo de acompañamento, orientación e información para a cidadanía durante as noites de maior actividade festiva.

A través dos códigos QR incluídos no cartel poderase acceder á Guía contra as violencias sexuais e á Guía de actuación.

DATOS DO SERVIZO

Servizo: Punto Lila.
Datas: 22, 28, 29, 30 e 31 de agosto.
Horario: De 23.30 a 05.30 horas.
Lugar: Rúa Cuba, fronte ao Concello de Cangas.
Finalidade: Atención, información e sensibilización.