CAMPAÑA “ACTIVA O RÁDAR TDX, ESTÁ EN TÍ”
Dende a Alcaldía e Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, elaboramos unha Campaña durante o primeiro semestre de 2021 dirixida ao alumnado e profesorado do último ciclo de primaria e primeiro de secundaria dos centros educativos de Cangas.
A Campaña está composta por 4 microvídeos que van acompañados de 4 unidades didácticas dixitais para traballar na aula. É unha Campaña de sensibilización contra as violencias de xénero dirixida á deconstrución dos mitos do amor romántico e as masculinidades hexemónicas. As unidades didácticas son un material de apoio ao profesorado para traballar os estereotipos de xénero nas relacións entre iguais, os mitos do amor románticos, as masculinidades, o bo trato,...
O programa ten como finalidade servir de guía para o profesorado para a elaboración e posta en práctica de actividades coas que traballar o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
OBXECTIVOS
- Aportar coñecementos teóricos sobre a igualdade e as violencias machistas.
- Amosar actividades innovadoras e creativas que teñen por finalidade a prevención das violencias machistas.
- Fomentar a reflexión entre o profesorado e outro persoal educador para a modificación e creación de novas actividades.
- Amosar recursos que se poden empregar na aula para traballar en favor da prevención das violencias machistas
Ainda que a campaña vai dirixida a poboación xa indicada, parécenos interesante poder poñer a disposición de toda a poboación estos recursos que poden ser de utilidade en diferentes proxectos.
- Log in to post comments