OBRADOIRO AUTODEFENSA FEMINISTA


O Concello de Cangas a través da Concellería de Benestar, Igualdade, Ensino e Muller e Consello Municipal de Igualdade, dentro dos actos conmemorativos do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación das violencias contra as Mulleres, vai impartir unha segunda edición do obradoiro de Autodefensa Feminista o venres 22 de novembro. Este obradoiro está financiado con Fondos do Pacto de Estado contra as Violencias de Xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.
As temáticas de traballo do obradoiro:
* Autodefensa a través do autocoñecemento
* Detección e prevención das violencias
* Bo trato e autocoidado
* Sororidade e rede
Este obradoiro está dirixido a mulleres que xa participaron no obradoiro de iniciación.
Nos obradoiros vanse desenvolver estratexias de vida, resaltando as fortalezas e canalizando os medos e inseguridades a través dunha pedagoxía lúdica. Descubrir como nos expresamos co corpo, a importancia dos límites e técnicas marciais que nos axudarán a ter máis seguridade na vida cotiá. Os talleres están baseados no mínimo esforzo e na máxima eficacia.
Imparte obradoiro: Cristy Shedimar Tojo.
Para inscribirse no obradoiro as mulleres interesadas teñen que dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres, Centro Municipal de Benestar Social, rúa Andalucía 3 baixo Edificio Xoia, 986392268, cim@cangas.gal ata o 21 de novembro.

- Log in to post comments