O Consello Municipal de Igualdade presenta as actividades que realizaranse con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Con motivo do 8M (Día Internacional da Muller traballadora) o Consello Municipal de Igualdade presenta unha serie de actividades no Concello de Cangas. Estas actividades comezarán o 2 de marzo coa exposición "Recuperando a Historia das miñas veciñas II" e o venres 3 de marzo terá lugar a inauguración da exposición "Mulleres" do fotógrafo José Montejano organizada por ADICAM na súa sede.
Será o vindeiro 8 de marzo cando terá lugar a manifestación en defensa dos dereitos das mulleres. Sairá ás 20:00 horas da Praza do Concello onde realizarase a lectura do Manifesto.
As actividades, repartidas por todo o mes de marzo, engloban charlas, rutas, contacontos, proxección de documentais, exposicións e moito máis que podes consultar no documento adxunto, onde se detalla toda a programación.
- Log in to post comments