A loita continúa nas rúas do Concello de Cangas

Onte, 8 de marzo, con motivo do día Internacional da Muller Traballadora, tivo lugar no Concello de Cangas unha multitudinaria manifestación co obxetivo de seguir reivindicando os dereitos das mulleres.
A manifestación saíu da Praza do Concello ás 20 horas e contou cunha gran afluencia a pesar das condicións meteorolóxicas. Recorreu as rúas do centro urbán encabezada cunha pancarta conmemorativa que portaban a Alcaldesa, Victoria Portas, as alumnas encargadas do manifesto e demáis representación municipal. No acto, tivo lugar a lectura do Manifesto do Día Internacional das Mulleres que o Consello Municipal de Igualdade decidiu encargar a Saínza Piñeiro Currás e Patricia González Rojas, dúas alumnas do IES María Soliño.
Ademáis, antes tivo lugar a charla "Mulleres de Pedra" de María da Pontragha na Capela do hospital.
Podes consultar as imaxes dos actos e o manfiesto completo nos arquivos adxuntos!
- Log in to post comments