Ir o contido principal
CONSELLO MUNICIPAL DE IGUALDADE

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

FacebookTwitterShare
8M

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
CONSELLO MUNICIPAL DE IGUALDADE

Xoves 6 de marzo
19:30 Exposición “Adicam: Arte e Mulleres”. Cafetería Lombok. Organiza Adicam

Sábado 8M
11:30 “A voz das pandereteiras” AC Lembranzas da Ría, AC María Soliña. Praza do Arco, Praza da Constitución, Praza das Pontes e Praza do Sinal.

As 11:30 AC Lembranzas da Ría na Praza do Sinal

As 11:30 AC María Soliña na praza do Arco.

18:00 “Kyoki” Teatro Elefante Elegante. Auditorio Municipal os coidados. KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avóa, a súa filla e a doutora.

20:00 Manifestación. Saída da Praza do Concello
Lectura Manifesto do Consello Municipal de Igualdade

Domingo 9 de marzo
10:30 Ruta “Historia das Mulleres de Cangas”. Asociación A Illa dos Ratos (inscrición previa no whatsapp 611080853)

Luns 10 de marzo
19:45 Presentación do libro “Rotas” de Montse Fajardo. Organiza Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto.

Martes 11 de marzo
10:00-14:00 Obradoiros da Campaña Agresión Off. Eu digo non á violencia sexual. Actividade concedida pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. Ies Montecarrasco

Venres 21 de marzo
17:30-20:30 Obradoiro “Creando autocoidado e bo trato cara as nosas vidas”. Impartido por Tareixa Ledo Regal. Inscrición no CIM Cangas. cim@cangas.gal 986392268 Sala de exposicións do Auditorio.
Este obradoiro é un tempo para parar, escoitarnos e adquirir ferramentas para construír autocoidado e Botrato para as nosas vidas mellorando a nosa saúde. Desde unha perspectiva de saúde integral, traballaremos dun xeito teórico e vivencial os conceptos de  “Coidar e deixarse coidar” e de  “Familia afectiva, e tamén o exercicio básico e moi central do Corpo da dignidade que permiten colocarnos en relacións de botrato nas nosas vidas.

8M