Ir o contido principal

DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS CARA AS MULLERES

FacebookTwitterShare
25N

O Concello de Cangas a través do Consello Municipal de Igualdade informamos que dentro do marco das accións en relación ao 25 de novembro, Día Internacional contra as violencias cara as Mulleres, vanse desenvolver as seguintes actividades:

Venres 22

9:10 Charla “Agresións sexuais e violencia sexual” Impartido María Angélica Mercado Torres. Actividade concedida pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero no marco do acordo de colaboración coa FEGAMP. Ies Montecarrasco e Ies María Soliño.

17:00h Charla “Igualdade e Discapacidade” impartido Asociación Juan XXIII. Ao abeiro subvención igualdade da Xunta de Galicia. Organiza Federación de Anpas de centros públicos A Gameliña e Anpas Galegas. 1º Andar da Casa da Xuventude de Cangas.
Servizo de canguraxe previa inscrición para poder ter unha estimación das persoas interesadas.
Anótate en https://forms.gle/bi9zXhJJocohYKv76 

17:30 “Obradoiro Autodefensa Feminista”. Impartido por Cristy Tojo. Inscrición no CIM.cim@cangas.gal 986392268. Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela

Domingo 24

10:30 Ruta Historia das Mulleres de Cangas. Asociación A Illa dos ratos (inscrición previa no whatsapp 611080853)

Luns 25N

11:00 Campaña “Contra as Violencias Machistas. Apúntate ao bo trato” Propostas Centros Educativos de Cangas: Ceip O Hío, Ceipp Espiñeira, Ceip San Roque, Ceip Castrillón, Colexio Casa de la Virgen, Cpr Eduardo Pondal, Ies Montecarrasco, Ies Rodeira e Colexio Compañía de María.
Praza da Palma (En caso de choiva Auditorio)
“Letras con onda Especial 25N” Cpr Plurilingüe Eduardo Pondal
“Ao pasar a barca” Ceipp Espiñeira
“Que non mo neguen” Ceip O Hío
“Recortando a violencia” Colexio Casa de la Virgen
“Verbas que curan” Ceip Castrillón
“Rompe” Ceip San Roque
“Mural humano dos bos tratos” Colexio Compañía de María
“Teatro mudo sobre as violencias machistas“ Ies Montecarrasco
“Todos contamos, todos evolucionamos” Ies Rodeira

11:30 Actuación Contos de nenas grandes e pequenas Tropa de trapo. Xardíns do Sinal (1ºciclo primaria) (En caso de choiva Auditorio) (Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero)
Contos de nenas grandes e pequenas e unha proposta de narración oral e música en directo. Contos e cantos de mulleres de todas as idades. Quixemos contar as súas historias, todas distintas e cada unha coa súa voz propia.
Aquí van os contos de mulleres diversas: unha nena que trata de mediar nunha pelexa entre lagartos, dúas mulleres que axudan a parir a unha vaca, unha nena pequena que salva ao seu pai do esquecemento e a morte, a historia de kinsasa a elefanta máis vella e sabia de África que aconsella e axuda a resolver os conflictos entre animais...
O poder do amor e da memoria, a importancia do bo trato entre as persoas, a loita contra a violencia machista e a igualdade entre homes e mulleres, a resolución de conflictos mediante o diálogo...son algúns dos temas que imos atopar nesta proposta de contos e música da compañía Tropa de Trapo.

20:00 Manifestación e lectura Manifesto. Praza do Concello. Consello Municipal de Igualdade

Xoves 28

8:30 Charla “Agresións sexuais e violencia sexual” Impartido María Angélica Mercado Torres. Ies Rodeira. (Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero)

Venres 29

21:00h Cine: “Sempre nos quedará un mañá” Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela. Organiza Cineclub Cangas

25N