8 M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Dentro dos actos do Día Internacional das Mulleres
Obradoiro Movéndonos cara o bo trato.
Sábado 14 de marzo ás 18:00h
Inscrición: cim@cangas.gal, 986392268
No obradoiro abordaremos o botrato como marco para a construción de relacións equilibradas, saudábeis e pracenteiras, ademais de traballar a relación entre o botrato e a saúde, incidindo na importancia das prácticas de autocoidado e na conexión co corpo e as emocións para acadar un maior benestar e autonomía.
Farémolo a través da metodoloxía Biodanza. Esta emprega a música e o movemento expresivo para liberar emocións, reforzar a autoestima, motivarnos para o cambio na nosa forma de estar no mundo e conectarnos coa alegría e a serenidade. Non é preciso experiencia previa en ningunha disciplina corporal, abonda con que traias ganas de gozar.
Imparte: Mari Fidalgo Puga
- Log in to post comments



