25N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
O Concello de Cangas a través do Consello Municipal de Igualdade informamos que dentro do marco das accións en relación ao 25 de novembro, Día Internacional contra as violencias cara as Mulleres, vanse desenvolver as seguintes actividades:
Venres 7
Obradoiro “Violencia de xénero no novo contexto dixital” Impartido Pantallas Amigas. Actividade concedida pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero no marco do acordo de colaboración coa FEGAMP. Ies Montecarrasco
Obradoiro centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital (ciberviolencia de xénero, grooming, sexting).
Domingo 23
10:30 Ruta Historia das Mulleres de Cangas. Asociación A Illa dos ratos (inscrición previa no whatsapp 611080853)
Martes 25N
11:00 Campaña “Contra as Violencias Machistas. Apúntate ao bo trato” Propostas Centros Educativos de Cangas: Ceip O Hío, Ceip San Roque, Ceip Castrillón, Colexio Casa de la Virgen, Cpr Eduardo Pondal, Ies Rodeira e Colexio Compañía de María.
Praza da Palma (En caso de choiva Auditorio)
“Quéreme non me quere” Ceip O Hío
“Dándolle a volta ao conto” Ceip Castrillón
“Batukada Feminista” Ceip San Roque
“Casandra” Colexio Casa de la Virgen
“Luz sobre o negativo” Cpr Plurilingüe Eduardo Pondal
“Movémonos polo bo trato” Colexio Compañía de María
“Sementando bo trato” Ies Rodeira
19:50 Actuación EXHAUSTAS de Yara Juncal Boombox Dance Studio. Praza do Concello
Unha peza sobre corpos que levan demasiado peso durante demasiado tempo. Entre a velocidade e o silencio, entre a presión e a liberdade, buscase respirar e transformar o cansazo en forza compartida.
Porque ás veces seguir en movemento xa é un acto de resistencia.
20:00 Manifestación e lectura Manifesto do Consello Municipal de Igualdade. Praza do Concello.
Anímase a todas as persoas que o consideren e queran levar velas violetas con luz led que destellen luz desta cor para ao finalizar a manifestación realizar unha acción conxunta coas mesmas.
Mercores 26
20:00h Cine: “Soy Nevenka” da Directora Icíar Bollaín. Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela
Entrada de balde
No ano 2000, Nevenka Fernández, de 24 anos, sofre unha persecución implacable, tanto sentimental como profesional, por parte do alcalde, un home afeito a facer a súa vontade no político e no persoal. Nevenka decide denunciar, aínda que sabe que deberá pagar un prezo moi alto: a súa contorna non a apoia, a sociedade de Ponferrada dálle as costas e os medios sométena a un xuízo público. O seu caso inicia en España o movemento #metoo moito antes de que se invente o termo. Unha historia baseada en feitos reais que converte á protagonista nunha pioneira ao levar por primeira vez a un político #ante os tribunais por acoso sexual e laboral.
- Log in to post comments



