PROBAS DE ACCESO AO CONSERVATORIO
O Conservatorio Profesional de Música de Cangas abre o prazo de inscrición para as probas de acceso ao curso 2026-2027, tanto para 1º de Grao Elemental como para 1º de Grao Profesional.
As inscricións poderán realizarse do 4 ao 21 de maio, en horario de 16.00 a 21.00 horas, nas dependencias do centro. As probas de acceso a 1º de Grao Profesional celebraranse os días 8, 9 e 10 de xuño, mentres que a proba de acceso a 1º de Grao Elemental terá lugar o 11 de xuño.
No caso do Grao Elemental, poderá participar o alumnado que cumpra oito anos no 2026. A proba valorará as aptitudes musicais das persoas aspirantes, polo que non é necesario ter coñecementos musicais previos. Para acceder ao Grao Profesional, a proba avaliará os coñecementos tanto na parte de linguaxe musical como na parte de instrumento.
Para participar nas probas será necesario presentar a solicitude correspondente, indicando a especialidade elixida entre as ofertadas polo centro, e aboar as taxas establecidas na Tesouraría do Concello. A taxa para a proba de acceso a Grao Elemental é de 15,23 €, mentres que para Grao Profesional é de 40,60 €.
As especialidades ofertadas e a listaxe de vacantes poden consultarse na documentación publicada polo centro e na páxina web do Concello. O número de prazas poderá aumentar unha vez formalizadas as matrículas do alumnado que xa cursa estudos no Conservatorio.
Máis información
Conservatorio Profesional de Música de Cangas
Avda. de Lugo, 25
36940 Cangas
Email: cmus.profesional.cangas@edu.xunta.es
Teléfono: 986 30 41 58

- Log in to post comments



