CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE “DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE INSTALACIÓNS FRIGORÍFICAS”

O Concello de Cangas acaba de recibir unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para impartir un certificado de profesionalidade de DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE INSTALACIÓNS FRIGORÍFICAS (IMAR0209), de nivel 3 (requisito: ciclos medios de FP, bacharelato ou equivalente, competencias clave 3, etc.), con 648 horas, código 2021/005555, que se vai realizar en modalidade presencial na Casa de Oficios do Concello.
Esta dirixido prioritariamente ás persoas en situación de desemprego pero tamén poden solicitalo as persoas ocupadas, cun máximo de 15 alumnos/as en total, tendo previsto impartir o programa oficial composto polos módulos formativos seguintes:
MF1167_3: Instalacións e procesos frigoríficos
MF1161_3: Electrotecnia para instalacións térmicas
MF1162_3: Representación gráfica en instalacións térmicas
MF1168_3: Planificación da montaxe de instalacións frigoríficas
MP0209: Módulo de prácticas profesionais non laborais
Trátase dunha formación oficial totalmente gratuíta, subvencionada pola Xunta de Galicia, na que o alumnado poderá ademais solicitar no seu caso diferentes axudas económicas segundo as circunstancias concretas de cada persoa (axuda de transporte, de conciliación, discapacidade, etc.).
As persoas interesadas poden solicitar información na Casa de Oficios do Concello, podendo enviar un correo co nome, apelidos e teléfono de contacto a casadeoficios@cangas.gal, ou no teléfono 986304650.
Cangas, 15 de setembro de 2021
CONCELLARÍA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, EMPREGO, MAR E RURAL
- Log in to post comments