Ir o contido principal

XVIII Bandeira Concello de Cangas de Bateis

FacebookTwitterShare
XVIII Bandeira Concello de Cangas de Bateis

O Club de Remo Vila de Cangas ven de presentar a “XVIII Bandeira Concello de Cangas de Bateis” que terá lugar o vindeiro sábado 25 de marzo a partir das 16:00 horas na escollera do Porto de Cangas.

Trátase dun evento consolidado no tempo, que este ano congregará a 13 clubes Chapela, Virxe da Guía, Robaleira, Meira, Tirán, Bueu, Cesantes, Coruxo, Vilaxoán, Ría de Marín, Mecos, Amegrove e o Vila de Cangas.

Os máis de 700 deportistas asistentes competirán nas categorías alevín, promesa, xuvenil e absoluta feminina e alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluto masculino.

A cita deportiva foi presentada no Concello pola secretaria do Vila de Cangas, Mª Carmen Rodal, e polo Concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán Chillón. Desde a concellaría agradecen a colaboración do club, destacando a relevancia deste evento no mundo do remo, e animan á veciñanza de Cangas e da Comarca a participar nesta “XVIII Bandeira Concello de Cangas de Bateis”, que tantos éxitos acadou en edicións anteriores.