A proba ciclista O GRAN CAMIÑO pasará por Cangas

O GRAN CAMIÑO é un evento internacional na modalidade de volta ciclista por etapas que nace coma unha continuación da afamada "Volta Ciclista a Galicia" pero coa intención de de darlle unha imaxe e enerxía revitalizada axustada os novos tempos.
O evento está dentro do calendario internacional da Unión Ciclista Internacional como proba ME 2.1. Será retransmitido en directo todos os días durante dúas horas a través de Eurosport, Teledeporte e TVG cunha repercusión que o ano pasado (na primeira edición) chegou a máis de 180 países.
A edición deste ano dividirase en catro etapas nas que cada unha delas terá sede nunha das catro capitais de provincia da comunidade autónoma. A primeira etapa terá sede en Lugo mentres que a última transcurrirá na provincia de A Coruña.
Será na segunda etapa que terá lugar o venres 24 de febreiro cando a proba deportiva pase polo Concello de Cangas ó redor das 12:00 horas, xa que esta etapa terá lugar íntegramente na provincia de Pontevedra.
- ITINERARIO: Os corredores entrarán a Cangas pola estrada PO-551 dende Moaña e enfilarán a Avenida de Ourense para pasar por diante da casa do Concello. Logo, continuarán pola avenida de Bueu e xirarán á dereita enfilando a avenida de Vigo para continuar en dirección Bueu pola PO-551.
- Log in to post comments