Ir o contido principal

Parabéns Yoel e Pablo!

FacebookTwitterShare
yoel + pablo

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns os piragüistas cangueses YOEL BECERRA e PABLO GRAÑA (R.C. Náutico Rodeira), polos resultados obtidos:


YOEL BECERRA - Medalla de Prata C4-500m / Junior
PABLO GRAÑA - Medalla de Prata C4-500m / Sub-23


Éxitos obtidos durante a celebración do Campionato do Mundo de Piragüismo que tivo lugar nas últimas datas no embalse portugués de Montemor O Vello.
Dende aquí, ademais desta felicitación puntual ós deportistas e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.