Parabéns a Abel Martínez e Yelko Alfaya!

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ós deportistas cangueses ABEL MARTÍNEZ e YELKO ALFAYA pola consecución dos seguintes resultados:
CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS
Fútbol Afeccionado
Desde o Concello gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación
O CONCELLEIRO DE DEPORTES
EUGENIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
- Log in to post comments