Ir o contido principal
As dúas disciplinas contarán con campeonatos o domingo que sumarán máis de 1.000 deportistas

O taekwondo e o remo enchen a Cangas de deporte esta fin de semana

FacebookTwitterShare
Portada remo y tkd

O Concello de Cangas, na súa aposta por fomentar hábitos saudables a través do deporte, colaborará nos campeonatos de taekwondo e remo que este domingo terán lugar no Concello.

No pavillón de O Gatañal transcurrirá durante todo o día o Campeonato Galego de Promesas e Máster de taekwondo. Comezará ás 9 da mañá e, tras o parón para comer, alongarase ata a noite coa competición de máis de 600 deportistas e 40 clubes. Entre estos clubes encóntranse seis da comarca do Morrazo: Sares TKD (supervisor do campeonato), Hebe, Patiño, Ssiu e Mat`s. Este ano espéranse ó redor de 150 deportistas máis co anterior nun dos eventos que, anualmente, dende fai máis de 15 anos, danse cita no Concello de Cangas.

Por outra parte, ás 11:00 da mañá comezará na Praia de Vilariño a I Bandeira Cruceiro do Hío organizado polo Vila de Cangas. O campeonato forma parte do calendario da competición do territorial sur no que espérase a presencia de máis de 500 deportistas de todas as categorías, 100 bateis e 16 clubs. A proba desenrolarase na parte da Ría de Aldán que baña á parroquia do Hío e esperase que esta primeira edición da bandeira teña una gran continuidade no tempo. 

Etiquetas