Ir o contido principal
Pavillón Municipal do Gatañal

CAMPIONATO GALEGO DE PROMESAS E MÁSTER

FacebookTwitterShare
Cartel

O 7 de marzo de 2026, a partir das 9:00 no Pavillón Municipal do Gatañal acollerá o CAMPIONATO GALEGO DE PROMESAS E MÁSTER, unha das citas máis destacadas do taekwondo autonómico, que celebra a súa 16ª edición en Cangas.

O evento reunirá arredor de 800 deportistas de toda Galicia e contará coa asistencia de máis de 2.500 persoas nas bancadas, convertendo a Cangas nun referente do taekwondo galego durante esa fin de semana.

O campionato ten como principais obxectivos fomentar o deporte federado no noso Concello e reunir á comunidade galega do taekwondo nunha xornada de convivencia e competición. Celebrarase no Pavillón Municipal do Gatañal, instalación que volve ser o escenario desta importante cita deportiva de ámbito autonómico.

Desde o Concello animamos á veciñanza a achegarse e desfrutar dun campionato que, ano tras ano, consolida a Cangas como punto de encontro do taekwondo galego.

Imagen