IX CERTAME DE DECORACIÓN DE RÚA “NADAL CON VIDA”

O presente certame ten por obxecto que os nenos e nenas de Cangas participen activamente do Nadal e que coa súa participación enchan as rúas de color, imaxinación e creatividade, difundindo ilusión a tódolos veciños e veciñas do pobo.
BASES DO CERTAME
PRIMEIRA: Poderán concorrer ao certame todas aqueles grupos escolares que o desexen, sendo o ideal preparar a lo menos un adorno por aula.
SEGUNDA: Todas as obras que se presenten teñen que ter incorporadas un sistema de suxeición para poder ser colgadas.
TERCEIRA: Os obxectos de decoración poderán estar elaborados con calquera material, aínda que convidamos a que se empregue material de refugallo polas connotacións educativas e medio ambientais que aporta este.
CUARTA: O prazo de admisión para a recepción dos traballos será do 9 ao 15 de decembro de 2021.
QUINTA: As obras presentaranse debidamente embaladas, para que non se deterioren, na Casa da Xuventude de Cangas.
SEXTA: As obras serán expostas en Cangas a partires do día 23 de decembro ata o 9 de xaneiro de 2022 . O lugar de exposición será notificado a cada centro escolar participante.
O Concello non se fai cargo do posible deterioro que estas sufran por motivos de factores ambientais ou de actos impropios da cidadanía.
SÉTIMA: Xunto coas obras incluirase un sobre pechado onde figuren os seguintes datos: Nome do colexio, aula participante, titor ou responsable do grupo co seu contacto (teléfono e mail) e Título da Obra.
No caso de que sexa unha ANPA a que organice esta participación incluirá o nome do colexio, o nome da ANPA e os nomes dos nenos e nenas participantes.
É importante que o adorno non leve ningún identificador de centro ou aula, xa que de ser así quedaría desbotado do certame.
OITAVA: Establécense as seguintes categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría.
- INFANTIL
- PRIMARIA
- CENTRO ESCOLAR
O grupo gañador de cada categoría obterá un lote de libros ou de material de papelería valorado en 100 € para a súa aula.
NOVENA: O ditame do xurado, designado polo Concello de Cangas, darase a coñecer o 4 de xaneiro de 2022, e será publicado posteriormente na prensa local e a través das redes de difusión municipais.
DÉCIMA: O xurado estará composto polos membros seguintes:
- A Alcaldesa Presidenta, ou persoa en quen delegue que presidirá o xurado
- A Concelleira de Cultura ,ou persoa en quen delegue.
- Os/as seguintes técnicos/as municipais:
- A técnica da área de Mocidade.
- A técnica da área de Voluntariado.
- O técnico de Cultura.
Actuará de secretario/a un/unha traballador/a municipal con voz e sen voto e que levantará acta dos acordos.
UNDÉCIMA: O premio pode ser declarado deserto.
DUODÉCIMA: Os traballos presentados deberán retirarse da Casa da Xuventude entre os días 14 e 19 de xaneiro de 2022.
DÉCIMO TERCEIRA: A participación nesta convocatoria leva implicita a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a inapelábel decisión do xurado.
- Log in to post comments