Atalaia

Na Casa da Cultura do Concello de Cangas.
Comisario: Francisco Porto
Inaguración venres 4 de marzo de 2017
- A Neveira: Casa da Cultura ás 12:00h
- Site-Projects: Praza ás 13:00h
- Noroeste: Auditorio ás 14:00h
Atalaia desembarca en Cangas do Morrazo a arte contemporánea como símbolo de identidade cultural.
O Auditorio, Casa da Cultura e a Praza do Concello de Cangas encheranse de arte contemporánea.
O mes de marzo será para Cangas o mes da arte contemporánea.
O vindeiro sábado 4 de marzo Cangas do Morrazo volverase un fervedoiro de arte contemporánea co proxecto Atalaia, comisariado por Francisco Porto, director da produtora de arte contemporánea Latamuda, en 3 espazos da cidade: Auditorio Municipal, Casa da Cultura e Praza de Abastos. A inauguración de Atalaia comezará ás 12:00 horas na Casa da Cultura para continuar ás 13:00 horas na Praza e finalizar ás 14:00 horas no Auditorio cunha actuación experimental musical.
O proxecto divídese en tres zonas expositivas da cidade de Cangas: o Centro Cultural, A Praza e o Auditorio. Cada un destes espazos leva con el un sobrenome para facer referencia ás diferentes facetas que ten o proxecto e a caracterización dunha nova xeración que se está argallando na nosa comunidade.
Atalaia articúlase no territorio do Morrazo baixo a tutela do Concello de Cangas e a colaboración inestimable da Universidade de Vigo e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
- Log in to post comments