CANTIGAS DAS OPERARIAS DAS CONSERVEIRAS GALEGAS DO SÉCULO XIX
Cantigas das operarias das conserveiras galegas do século XIX.
Venres 11 de setembro ás 21 h na Factoría Massó (ao carón da antiga gardería).
Organizado polas Bibliotecas Rurais de Cangas, Pulpiño e Xurxo Souto, coa colaboración de A Cepa axudarannos a recuperar parte do noso pasado e animarannos a cantar as cancións das operarias das fábricas de conservas (de Cangas, Bueu, Meira, O Grove, a Arousa....)
As letras xa as levan eles. Só precisan do teu talento. Nesta festa cantamos todas.
(As invitacións para asistir poderán recollerse nas Bibliotecas de O Hío, Aldán, Darbo e Coiro e na Casa da Xuventude a partir do martes 8)
- Log in to post comments