BIBLIOTECA DE ALDÁN. Venres 3 de xullo ás 11:00h.
A VOLTA AO MUNDO EN PAPEL. Collage, origami e marcapáxinas.
Obradoiro de animación lectora no que as crianzas realizan unha viaxe polo mundo a través do papel.
A partir de libros e historias doutros países, crean marcapáxinas con collage e origami, fomentando a lectura, a imaxinación, a inclusión e o respecto pola diversidade cultural.
De 4 a 12 anos
ANÓTATE NA TÚA BIBLIOTECA!
- Log in to post comments



