BIBLIOTECA DE ALDÁN. Venres 28 de abril ás 18:00h.
O TESOURO. Trécola teatro.
Conto dramatizado con dúas actrices, con emprego de escenografía, vestiario, atrezzo e música. Trátase dos contos: “11 damas atrevidas”, “Teresa non quere ser princesa”, “Bieito e o seu carriño”, “Unllas de cores” e “Monstro Rosa”. Da man de dúas aventureiras iremos coñecendo a estes personaxes e descubriremos o tesouro que buscan: todas e todos somos diferentes e isto é o máis divertido.
Nenos e nenas (De 3 a 99 anos)
- Log in to post comments



